Citania y Museo Arqueológico de Santa Tecla

"Citania y Museo Arqueológico de Santa Tecla". Quizais o libro sobre o castro e o museo arqueolóxico de Santa Trega sexa a súa obra máis coñecida ou polo menos máis vendida e difundida a nivel nacional e se cabe, internacional. Vai xa pola súa cuarta edición, sendo a primeira en 1983 e a última en 1998. Consta de 192 páxinas con fotografías a cor e en branco e negro. Se ben as dúas primeiras edicións do libro (1983 e 1987) correron a cargo do Servizo de Publicacións da Xunta de Galicia, as dúas últimas (1995 e 1998) foron responsabilidade do Padroado Municipal de Santa Trega. Leva a presentación de José Luís Barreiro Rivas, Conselleiro da Presidencia e o prólogo do arqueólogo e Conservador do Museo Provincial de Pontevedra, Antonio de la Peña Santos. En palabras deste último: "Si siempre constituye un verdadero placer prologar el libro de un amigo, en el caso del que tienes en tus manos, lector, la alegría es mayor por tratarse de una obra necesaria, documentada y rigurosa, que nos presenta de una forma amena pero altamente científica, la historia de un yacimiento arqueológico que nos atrevemos a considerar el más importante y, sin lugar a dudas, el más conocido de los existentes en el País Gallego: el castro del Monte de Santa Tecla". Máis información en www.xoanmartineztamuxe.blogspot.com